Preguntas frecuentes
Respostas curtas ao que máis nos preguntan familias e profes.
Para que idades é?
Está pensado para primaria, cos temas que ven na clase. O piloto comeza en 3.º.
Que ve o meu fillo ou filla?
Os seus retos, os seus logros, o seu equipo de personaxes e, se o activas, os seus amigos aprobados. Non ve anuncios nin pode comprar nada.
Que vexo eu como familia?
Todo o seu progreso, os seus amigos, as súas conversas se o chat está activo e todos os axustes, na Zona de pais co teu PIN.
Que ve o profe?
Só o nome para a aula que escollas, o personaxe e os resultados dos retos da súa aula. Nada da túa conta.
Como se moderan as mensaxes?
Cada mensaxe pasa por un filtro e por un clasificador antes de chegar. Se se bloquea, o teu fillo ou filla ve un aviso amable de Rirri e ti recibes unha notificación. As mensaxes gárdanse 90 días.
Que facedes cos PDF e as fotos que subo?
Só serven para preparar o reto: a IA leos para facer as preguntas. Antes compróbanse (tipo real e antivirus); nunca se publican nin os ve outra familia.
Quen revisa as preguntas que fai a IA?
Ti, antes de publicar: podes editalas, borralas ou pedir outra. Ademais, outra pasada automática comproba que cada resposta sae do material e que a pista non a regala.
Hai publicidade ou rastrexadores?
Non. Nin publicidade, nin rastrexadores de terceiros, nin venda de datos. A analítica de uso só se activa se a aceptas, e nunca nas pantallas do neno ou da nena.
Que pasa se borro a conta?
Bórrase todo ao momento: a conta, os perfís, as partidas e as mensaxes.
Non atopas o que buscas? Escríbenos desde o Centro de confianza.